Cartel contratación reservada entidades locais
Cartel contratación reservada entidades locais

CEGASAL e AEIGA fomentan a economía social nos concellos galegos a través da contratación reservada

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2024. Os centros especiais de emprego de iniciativa social son entidades que teñen como obxectivo principal a integración laboral de persoas con discapacidade, mentres que as empresas de inserción laboral representan a persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Dados os obxectivos comúns en favor da economía social, CEGASAL e AEIGA organizaron para o próximo 1 de marzo en Santiago de Compostela unha xornada de traballo para abordar a contratación reservada, profundando na importancia da dimensión social e ambiental nos contratos públicos.

Isabel Fraga, presidenta de AEIGA, e Herminio Martínez, presidente de CEGASAL, serán os encargados de inaugurar a sesión de traballo, que comezará coa intervención de Elena Barba, da Xunta de Galicia, facendo unha introdución á contratación pública reservada.

Tras Barba, tomarán parte na mesa redonda “Xestión de contratos reservados” os alcaldes de Ames, Ribadavia, Carballo e Sada, así como o concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago de Compostela, que colabora con este evento que se atopa integrado no Programa 2023-2024 da Rede Eusumo.

Tras unha pausa café e a presentación do vídeo “Folla de Roteiro para a Contratación reservada” celebrarase unha segunda mesa redonda sobre experiencias en contratación reservada en sectores específicos.

Finalmente, volverán intervir os presidentes de AEIGA e CEGASAL, que darán paso á conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, encargada de clausurar a xornada, que ten o dobre formato online e presencial, que terá como escenario o Salón de Actos do Cersia, en Santiago.

Por parte da Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro  e da Asociación galega de Empresas de Inserción Laboral puxéronse en marcha diferentes iniciativas para alentar aos concellos da nosa comunidade para tomar medidas concretas para apoiar e promover a contratación responsable, reservando unha parte dos contratos públicos para empresas que demostren un compromiso xenuíno coa inclusión e a responsabilidade social corporativa. Ao facelo, non só se promove a igualdade de oportunidades no mercado laboral, senón que tamén se recoñece e valora a contribución única que fan á nosa sociedade.

Ademais, ao fomentar a contratación responsable, os concellos poden desempeñar un papel chave na construción dunha comunidade máis inclusiva e cohesionada, onde todas as persoas, independentemente das súas habilidades ou circunstancias, poidan participar plenamente na vida laboral e social.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar